Os exames de conducir poderanse facer en galego, según o acordo coa DXT
O titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo delegado do Goberno en Galicia, Samuel J. Juárez, e o xefe provincial de Tráfico da Coruña e coordinador da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) en Galicia, Pedro José Pastor del Castillo, asinaron na cidade herculina o primeiro convenio de colaboración en virtude do cal a Administración autonómica e mais a DXT cooperarán na promoción do uso do idioma propio de Galicia grazas ao que, entre outras cousas, se poderán realizar en galego as probas teóricas para a obtención do carné de conducir. Tamén asistiron á sinatura a delegada da Xunta na provincia, Belén do Campo, e o xefe territorial da Consellería, Indalecio Cabana, entre outros.
Ao abeiro deste convenio, o Ministerio do Interior, por medio da DXT, e mais a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, colaborarán para desenvolver unha serie de accións encamiñadas á potenciación e á promoción do uso do idioma galego na actividade administrativa da DXT en Galicia, así como nos servizos que esta entidade lle presta á cidadanía no marco da Comunidade Autónoma galega.
No acto de sinatura, que tivo lugar na sede da Delegación do Goberno, tamén estiveron presentes o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán.
Probas teóricas de conducir en galego
A DGT contará co apoio da Administración autonómica para fomentar o uso do idioma nas súas relacións coa cidadanía, facilitaralles en lingua galega a realización das probas teóricas encamiñadas á obtención das autorizacións administrativas para conducir aos aspirantes que así llo soliciten e empregará o galego nas mensaxes emitidas a través dos paneis de mensaxe variable dependentes do Centro de Xestión do Tráfico do Noroeste.
Pola súa banda, o departamento dirixido polo conselleiro Vázquez Abad facilitaralle á DXT a tradución ao galego dos cuestionarios das probas teóricas para a obtención do pemiso e da licenza de condución de vehículos; supervisará e adaptará á normativa oficial vixente os cuestionarios xa traducidos; traducirá ao galego outros textos empregados na actividade administrativa da DXT e daralle a esta apoio e asesoramento técnico lingüístico e terminolóxico no desenvolvemento das actuacións contempladas no devandito convenio.
Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega
Este convenio de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia e o Ministerio do Interior, a prol da dinamización lingüística, contribúe á consecución dalgúns obxectivos xerais sinalados no Plan de Normalización da Lingua Galega, tales como “garantir a posibilidade de vivir en galego a quen así o desexe, conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e máis espazos de uso e dotar o idioma dos recursos lingüísticos e técnicos necesarios que o capaciten para vehicular a vida moderna”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia