A Xunta de Galicia conmemora o Día de Europa co izado da bandeira
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, e a conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, participaron no izado da bandeira da Unión Europea con motivo da conmemoración do Día de Europa que se celebra nun acto que se desenvolveu diante da fachada principal das instalacións centrais da Xunta de Galicia, en San Caetano.
A Comunidade galega, pese ao seu carácter periférico xeograficamente falando, tense convertido nunha das rexións que máis se ten implicado na construción europea, cunha relación cada vez máis sólida con Bruxelas tanto política, como económica e socialmente.
A política pesqueira e agrícola, os fondos europeos e a cooperación transfronteiriza son algúns deses asuntos comunitarios nos que a implicación de Galicia con Europa queda patente día a día. Ademais, a solidariedade comunitaria, como parte esencial da UE desde o seu inicio, ten contribuído de xeito decisivo ao crecemento autonómico desde a súa adhesión.
Neste liña, a Comunidade Autónoma dispón dun Plan Estratéxico 2010-2014-Horizonte 2020, orientado a construír un novo modelo socioeconómico que está en liña coa estratexia da UE para a década actual.
Con motivo desta celebración, durante os últimos anos o Goberno autonómico vén lembrando a necesidade de que Galicia siga a recibir fondos da Unión Europea máis alá de 2013, con obxecto de acadar a converxencia real.
A partir de 2014, pese a que Galicia superará o 75% do PIB per cápita, precisará afrontar con éxito a converxencia real con Europa, polo que veu advertindo de que unha redución drástica dos fondos recibidos ata agora tería efectos negativos sobre a economía e o emprego.
O pasado mes de febreiro, froito do traballo realizado pola Xunta e o Goberno central, confirmouse que Galicia poderá seguir recibindo ese 60% de axudas europeas que viñan recibindo as rexións que agora abandonan o Obxectivo de Converxencia. Suporán uns 2.000 millóns de euros, que permitirán consolidar os investimentos xa en marcha e lograr unha converxencia real co resto de Europa.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia