A 14ª Xuventude Galicia Net ofrece unha programación enfocada ao emprendemento
A décimo cuarta edición do Xuventude Galicia Net (XGN) abreu as súas portas para os 1.000 inscritos, así como para todas as persoas que queiran achegarse ata as actividades abertas ao público. Desde hoxe e ata o domingo a programación do evento centrarase no emprendemento e nas oportunidades laborais baseadas nas novas tecnoloxías.
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asistiu hoxe á inauguración deste evento, que cualificou como “referente dos avances tecnolóxicos en Galicia, así como un punto de encontro xuvenil e un espazo para o intercambio de información e experiencias”.
As actividades que se desenvolverán nestes días distribúense basicamente en dúas zonas: a da intranet, destinada aos participantes inscritos; e a da extranet, que será unha zona lúdica aberta a todos os públicos.
En canto á intranet, os 1.000 participantes terán acceso a unha conexión de 1 Gb, o que constitúe un “record en canto ao ancho de banda dispoñible para un evento público, e resulta impensable actualmente no uso a nivel doméstico”. Entre as actividades desta área, pódense destacar os torneos de videoxogos, ou os obradoiros de modding (técnica de modificar estética ou funcionalmente partes das computadoras e os compoñentes dos videoxogos), ou overclocking (para sacar máis rendemento aos ordenadores).
Pola súa banda, na zona extranet haberá moitas actividades abertas ao público como: experiencias de “ciencia divertida”; a circuítos de maquillaxe e caracterización; torneo e taller de miniaturas de Warhammer ou de xogos de cartas Magic ou Yu Gi Oh; actividades musicais con demostracións de beatbox ou turnttablish; exhibicións de breakdance e artes marciais históricas; ou cursos de defensa persoal.
A isto sumaranse outras actividades como o scalextrix, futbolín, conecta 4 xigante ou xogos tradicionais. Nos exteriores do Palacio de Congresos está instalado un campo de paintball, rocódromo, zurbing e tirolina. Haberá tamén unha exhibición de graffiti.
Un dos puntos máis importantes desta edición é a formación e as distintas conferencias. Entre os relatores, destacan esta tarde o xogador de baloncesto Fernando Romay, que falará sobre o traballo en equipo orientado cara á motivación e o emprendemento; ou mañá o mozo emprendedor Pau García-Milá, empresario que fundou aos 17 anos “EyeOs”, compañía que foi parte dos inicios do Cloud Computing e da comunidade social “Bananity”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia