Feijóo agradece ao Goberno central que manteña a prioridade to Tax Lease
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu ao Goberno de España que manteña a prioridade do tax lease na axenda comunitaria e instou ás autoridades da Unión Europea a que adopten con urxencia unha decisión favorable con respecto a este asunto porque o sector naval galego precisa certezas canto antes.
Este foi un dos asuntos que o titular autonómico lle transmitiu ao ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García Margallo, durante a reunión que mantiveron con carácter previo á recepción dos embaixadores da Unión Europea en España. De xeito concreto, insistiu na necesidade de redobrar esforzos nas negociacións con Bruxelas para que o novo modelo de tax lease autorizado pola Comisión Europea o pasado mes de novembro entre en vigor no menor prazo posible, así como para que non se aplique a retroactividade e que os estaleiros non teñan que devolver as cantidades recibidas con anterioridade.
Neste sentido, Núñez Feijóo recoñeceu a implicación de distintos membros do Goberno central para desbloquear este asunto, incluída a do propio presidente do Executivo estatal, Mariano Rajoy, e solicitou que lle dean continuidade nas próximas semanas para que se alcance unha solución con celeridade. Non en van, subliñou que se trata dun tema de vital importancia para o futuro dos estaleiros galegos e confiou en que se resolva de xeito satisfactorio porque existen sólidos argumentos técnicos e xurídicos que respaldan a proposta española.
A maiores, o presidente galego e o ministro de Asuntos Exteriores tamén constataron os avances producidos na integración das plataformas empresariais no exterior de Galicia tanto nas embaixadas como nas oficinas comerciais de España no exterior. Así, dende que a Xunta asinou o pasado ano 2012 a colaboración cos ministerios de Asuntos Exteriores y Cooperación e de Economía y Competitividad, xa se fixo efectivo o traslado das plataformas de Shangai, Moscú e Berlín.
Na súa opinión, esta colaboración entre o Goberno central e a Xunta é moi positiva para unir esforzos de cara a estratexia de internacionalización da economía. De feito, o traballo conxunto de ambas as dúas administracións xa ten dado froitos recentemente, como a alianza estratéxica lograda coa petroleira PEMEX.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia