Sogama súmase á conmemoración do día mundial do medio ambiente pedindo á cidadanía unha redución dos desperdicios de alimentos
Celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, unha xornada coa que a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura (FAO) pretende fomentar a sensibilización da poboación en torno á necesaria protección do contorno, promovendo ao mesmo tempo a atención e acción política e social ao respecto.
Ante a alarma suscitada pola elevadísima porcentaxe de alimentos que acaban no cubo do lixo, co lema elixido para este ano “Pensa. Aliméntate. Aforra” preténdese dar a coñecer o impacto ecolóxico, económico e social que teñen as nosas decisións alimentarias e como tomalas.
E é que, segundo a FAO, cada ano desperdícianse no mundo 1,3 billóns de toneladas de comida, cifra equivalente á produción alimentaria de toda a África Subsahariana; dato que contrasta co feito de que 1 de cada 7 persoas do planeta vaise á cama famenta e máis de 20.000 nenos menores de 5 anos morren de inanición cada día.
Aínda que a Terra trata de ofrecer os recursos necesarios para os seus 7 billóns de habitantes, cunha previsión de 9 millóns para 2050, estímase que un terzo da produción alimentaria pérdese ou desbótase. Non en van, a produción global de alimentos ocupa un 25 por cento da superficie habitable, un 70 por cento do consumo de auga, un 80 por cento de deforestación e un 30 por cento de gases, posicionándose, polo tanto, como unha das actividades que afectan en maior medida á perda de biodiversidade e aos cambios no uso do solo.
É por iso que a produción, comercialización e consumo de alimentos esixe un cambio de rumbo que permita inverter unha tendencia que está a ocasionar serios prexuízos de todo tipo. Faise necesario, polo tanto, abrir a porta a certas decisións que permitan reducir a xeración de residuos, aforrar cartos e diminuír o impacto medioambiental.
MONGOLIA, SEDE DO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2013
Así o anunciou no seu momento o Programa da ONU para o Medio Ambiente (PNUMA) durante a reunión mantida o pasado mes de febreiro en Nairobi co obxectivo de discutir as estratexias para un futuro sostible. A elección de Mongolia débese fundamentalmente ao traballo e esforzo que vén desenvolvendo na transición cara a unha economía verde dos seus sectores máis produtivos.
EXQUISITOS MENÚS A PARTIRES DE SOBRAS DE COMIDA
Sogama tamén quere aportar o seu pequeno gran de area no proceso de concienciación social sobre a imperiosa necesidade de reducir os refugallos de alimentos. E con este obxectivo editou no seu momento unha publicación gastronómica que, baixo o título “Para repañar o prato!”, presenta exquisitos menús elaborados a partires de sobras de comida, poñendo freo ao incesante malgasto de ingredientes que poden ser, e de feito o son, perfectamente aproveitables a través de novas preparacións culinarias. Entrantes, carnes, peixes e sobremesas constitúen os apartados nos que se estrutura a edición, que á súa vez proporciona trucos e consellos cos que propiciar unha mellor conservación dos alimentos.
A través deste libro de receitas preténdese trasladar igualmente ao lector unha serie de recomendacións coas que diminuír a xeración de residuos na compra. Así, destácase a necesidade de planificar o consumo, facer unha lista do realmente necesario e non deixarse levar polas ofertas de produtos irrelevantes, utilizar o carro da compra, evitando as bolsas de plástico dun só uso, rexeitar os envases e envoltorios superfluos e, sobre todo, empregar o sentido común.
MÁIS ALIMENTO, MENOS DESPERDICIO
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA) presentou en abril a estratexia “Máis alimento, menos desperdicio”, que ten por obxectivo limitar e reducir as perdas de alimentos. As grandes áreas de actuación nas que se baseará o desenvolvemento desta iniciativa centraranse na realización de estudos “para coñecer canto, como, onde e o porqué do desperdicio de alimentos”. Con tal fin procederase á elaboración de guías de boas prácticas e accións de sensibilización dirixidas aos axentes da cadea alimentaria, a restauración e os consumidores; á análise e revisión dos aspectos normativos que incidan sobre a xeración de alimentos desbotados, como a recente derrogación da fecha límite de venda do iogur; ao impulso de actuacións en colaboración con outros axentes para reducir o desperdicio e maximizar a redistribución de alimentos desbotados; e ao fomento do deseño e desenvolvemento de novas tecnoloxías para mellorar a eficiencia no aproveitamento de produtos.

Gabinete de Comunicación de Sogama