Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O ciclo Clima. Cultura. Cambio aborda a dimensión social do cambio climático

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inaugura o martes 11 de xuño, o programa lúdico e didáctico co que pretende achegar a exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido ao público familiar. Será a través do ciclo de cine documental Clima. Cultura. Cambio, catro martes de cine ambiental nos que se abordarán a dimensión social do cambio climático.

Clima. Cultura. Cambio artéllase en catro sesións –11 e 25 de xuño e 9 e 23 de xullo– nas que se proxectarán unha película e unha curtametraxe nas que mostrar desde as causas ás solucións do cambio climático. Nesta primeira sesión poderase ver a curta animada The will como to Town, que ilustra os dramáticos efectos do cambio climático para as nosas cidades, e da película Über das Wasser, documental que amosa en tres episodios moi intensos a persoas que se enfrentan a diferentes fenómenos relacionados coa auga: seca, inundacións e a contaminación da auga potable.

Cada sesión dará comezo ás 20:00 horas no Museo Centro Gaiás e o acceso á sala de proxección realizarase coa entrada do mesmo día á exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido.

Programa

A segunda sesión do ciclo Clima. Cultura. Cambio estará protagonizada pola curta Was machst Du gegen den Klimawandel? (Que fas contra o cambio climático?) e a película Menschen-Traumen-Taten (Persoas-soños-accións), película que conta a historia da comunidade ecolóxica “Sieben Linden” fundada nos 90 e as dificultades que atopou para sobrevivir.

O seguinte martes de cine ambiental será o 9 de xullo coa proxección de Das Rad (A Roda), curta nominada aos Óscar que reconstrúe o desenvolvemento da humanidade e da súa tecnoloxía, relatado desde a perspectiva de dúas pedras. A película desta sesión será The Age of Stupid (A era da estupidez), película que combina a narrativa de ficción con información documentada e que expón desde unha perspectiva futurista como se vai dando paso á catástrofe ecolóxica.

A última sesión será o 23 de xullo con Konsequenz (Consecuencia), curta que describe a hipocrisía do ser humano cos temas da natureza, e a película documental Recipes for Disaster (Recetas para o desastre), na que o cineasta John Webster amosa o seu ano de “dieta petrolífera”, consistente na redución do aporta da súa familia ás emisións de CO2.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia