Galicia rebaixará ata finais de 2013 o seu endebedamente en 1.2 puntos
Galicia rebaixará ata finais de ano o seu endebedamento en 1,2 puntos e aumentará o seu diferencial positivo co resto de autonomías ata o 3,3%. Non obstante, a débeda da Comunidade galega segue sendo menor que a media, segundo os datos publicados hoxe polo Banco de España.
En concreto, Galicia pechou o primeiro trimestre de 2013 cunha ratio débeda/PIB do 16,9%, polo que mantén un diferencial positivo de 1,2 puntos respecto á media das comunidades autónomas, que se sitúa no 18,1%.
A modificación en relación ao último trimestre de 2012 débese a que Galicia foi a primeira comunidade en completar o seu programa anual de endebedamento para 2013, e foi tamén unha das poucas autonomías que recibiu autorización do Consejo de Ministros no primeiro trimestre do ano para realizar operacións de colocación de débeda. Ademais, hai que ter en conta que a Administración galega apenas rexistrou amortizacións de débeda nos tres primeiros meses do exercicio.
En todo caso, durante os seguintes trimestres deste ano Galicia mellorará a súa posición comparativa co resto de autonomías porque estas terán que seguir acudindo ao recurso do endebedamento. Así, Galicia prevé pechar o ano cun endebedamento do 15,7%, polo que se reducirá en 1,2 puntos a ratio de débeda e aumentará o diferencial coa media das comunidades ata o 3,3%.
A confianza que xera a solvencia de Galicia permitiulle acceder aos mercados en condicións vantaxosas, mentres que outras comunidades non son capaces de colocar a súa débeda.
En todo caso, Galicia vén mantendo unha posición prudente e responsable na súa política de endebedamento. Así, a Comunidade galega xa blindou no primeiro trimestre os seus pagamentos para todo o exercicio 2013 e, ao igual que o ano pasado, non necesitará acudir ao Fondo de Liquidez Autonómico (FLA).
Por outra banda, se se inclúe a débeda das empresas públicas, Galicia ten un diferencial positivo aínda maior, de 1,8 puntos, xa que ten unha ratio de débeda do 0,4%, fronte ao 1% da media de comunidades. Igualmente compróbase que Galicia aposta pola transparencia e non concentra endebedamento nas empresas públicas.
Froito da política de prudencia levada a cabo na anterior lexislatura, a evolución da débeda en Galicia foi un 38% inferior á media das comunidades autónomas. Ademais, o custe total financeiro que supoñía a débeda de Galicia en 2007 era do 4,93%, mentres que ao peche de 2012 este indicador reduciuse ao 3,68%.
Segundo os datos do Banco de España, Galicia foi en 2012 a segunda comunidade que menos incrementou o seu endebedamento. E en comparación con outras autonomías, Galicia rexistraba en 2008 un maior endebedamento en ratio débeda/PIB que a media das comunidades, mentres que na actualidade está por debaixo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia