Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Agolada acolle do 5 ao 7 de xullo o II Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia

Corazón da Artesanía. II Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia. Do 5 ao 7 de xullo de 2013.

A artesanía galega marcará un ano mais no concello de Agolada, a súa diferenciación e a súa identidade propia nun encontro único, fiel as súas orixes e capaz de atraer o interese de milleiros de visitantes na procura da súa orixinalidade. Un grande acontecemento popular orientado á exhibición, á comercialización e á promoción dos nosos oficios artesáns pero tamén da nosa paisaxe e da cultura tradicional e popular de Galicia.

A súa orixinalidade e atractivo permitirá ao II Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia ampliar os obxectivos acadados na primeira edición na procura da dinamización socioeconómica, a difusión da cultura e da tradición e a promoción turística.

O programa complétase con diversas conferencias e presentacións de produtos agroalimentarios. Haberá demostracións de diversos oficios que ocuparán un espazo amplo da mostra, entre eles, a xoiería, tornería de madera, alfarería, cestería, zapateiros, zoqueiras, redeiras e colareiras, aos que se se unen o textil a través das encaxeiras. Barállase tamén a posibilidade de organizar un curso de artesanía de elaboración de figuriñas de pan.

Unha mostra de instrumentos musicais e actividades infantís tamén terán protagonismo neste evento.

Artesanía en vivo
Venda de productos artesanais
Obradoiros de artesanía e música para nenas e nenos
Actuacións de baile e música tradicional
Conferencias, exposicións e obradoiros
Showcooking, degustación e venda de productos gastronómicos
Xunta de Galicia