Sanidade recoñece ós cidadáns que colaboraron na axuda ás víctimas do tren
A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, acompañada da xerente do Servizo Galego de Saúde, Nieves Domínguez González, ofreceu no Edificio Administrativo da Consellería de Sanidade, unha rolda de prensa para informar do estado dos pacientes do accidente de tren ingresados nos hospitais galegos.
Un total de 69 pacientes permanecen ingresados nos hospitais galegos (22 críticos e deles dous pediátricos). Do total de pacientes, 36 están no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, dos que 19 son críticos e, destes últimos, dous son pediátricos. Ademais, 18 pacientes están no Policlínico La Rosaleda; tamén de Santiago; 8 no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, entre eles 1 crítico; 3 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra; 2 no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense; e 2 no Hospital Domínguez (os dous son críticos).
A titular da carteira sanitaria do Executivo galego aproveitou esta convocatoria para trasladar, unha vez máis, o seu agradecemento e recoñecemento “a todas aquelas persoas que, dalgún xeito, participaron ou colaboraron no dispositivo sanitario”. Tamén dou as grazas “a todos os profesionais dos nosos servizos sanitarios, aos que alongaron as súas quendas, aos que se presentaron para reforzar a asistencia, en definitiva, aos que se puxeron á nosa disposición”. Refírome, -dixo a conselleira-, “aos profesionais do 061, dos servizos de urxencias e do resto dos servizos dos centros sanitarios, aos psicólogos postos a disposición das familias de feridos e falecidos, aos profesionais do Centro de Transfusión, a todos eles, moitas grazas”, -remarcou a conselleira-.
Grazas, tamén, -proseguiu Rocío Mosquera-, “a todas aquelas persoas que acudiron a doar sangue dende o primeiro momento, tanto aos que doaron como a todos aqueles que se desprazaron con esa intención”. Quero subliñar que a resposta da poboación foi verdadeiramente extraordinaria.
Igualmente a responsable da sanidade pública galega dou grazas “a aquelas empresas que colaboraron para cubrir as necesidades de materiais, de comunicacións, de transporte, de limpeza e aos seus traballadores, que deron rápida resposta a todo o que se precisaba”.
En definitiva, -rematou a conselleira de Sanidade-, “grazas a todas aquelas persoas que se puxeron á nosa disposición. Grazas pola súa profesionalidade, pola súa implicación, pola súa solidariedade e polo seu compromiso”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia