Teo homenaxea ás figuras de Ánxela Casal e Avelino Pousa no aniversario do seu falecemento
O 17 de agosto comezan os actos cun concerto da Banda de Música da Sociedade Recreativa San Xoán de Calo ás 20:00 horas na praza da urbanización Estivada da Ribeira. O 19 de agosto, xornada central ó redor de Casal, comezará cunha actuación do malabarista Kote para o público familiar na praza da urbanización Os Carballos (Montouro) a partir das 19:00 horas. O acto institucional dará comezo ás 20:30 horas na praza da urbanización da Estivada da Ribeira. Alí, como cada ano moi preto co monumento a Ánxel Casal, darase lectura do nome das persoas represaliadas en/de Teo. A continuación intervirá un representante da Oliveira, asociación teense pola recuperaicón da memoria histórica e do patrimonio e as intervencións institucionais pecharáas o alcalde, Martiño Noriega.
Este acto terá o acompañamento musical do grupo Alvariza, que estreará para a ocasión dous temas orixinais de Nicolás Otero Conde, un dedicado a Ánxel Casal e outro a Avelino Pousa Antelo. A xornada pecharase coa ofrenda floral diante do monumento a Ánxel Casal.
O 20 de agosto, cando fai un ano da súa morte, familiares, amigos e institución, lembrarán a Avelino Pousa Antelo. Ás 13:00 horas, no salón de plenos do Concello, preséntase unha revista-libro monográfica sobre Pousa. Ás 18:30 horas, tamén na Casa do Concello, realízase unha mesa redonda sobre o traballo de Avelino como “mestre galego normalizado”. Ás 20:00 horas no Paseo Avelino Pousa na urbanización Os Verxeis (Oza) onde vivía o fillo adoptivo de Teo farase un acto máis emotivo no que haberá acto de afectos e recordos, ofrenda floral, intervencións poéticas e musicais. Esta xornada está organizada por amigos e familiares de Pousa Antelo e conta coa colaboración do Concello de Teo.

Concello de Teo