O PSdeG de Baralla promoverá un pleno extraordinario para que o alcalde dimita “por responsabilidade civil”
O PSdeG de Baralla vén de decidir que promoverá un pleno extraordinario no concello, para o que buscará o apoio do resto da oposición, co obxectivo de tratar en exclusiva e “poder acalarar as responsabilidades do alcalde”, o popular Manuel González Capón, tras as súas declaracións no pleno do pasado 26 de xullo nas que afirmou que “os condeados a morte será porque o merecían”, en referencia ás vítimas do franquismo. Os socialistas queren instar ao alcalde a que dimita “sobre a base da responsabilidade civil das súas declaracións, que degradan as vítimas do franquismo en particular e calquera demócrata en xeral”, para o que proporán o debate e votación da súa renuncia ao cargo.
Desde o PSdeG destacan que estas palabras “non son unha mera saída de ton” nin, “como se encargou de xustificar o señor Capón, son entendibles na calor dunha discusión” porque “abrir xustificacións deste tipo permitiría a calquera representante político de Baralla ter unha coartada para calquera atrocidade semellante”.
Os socialistas afirman que “os veciños e veciñas de Baralla non merecen ser coñecidos pola nula calidade democrática do seu alcalde”, e argumentan a necesidade deste pleno extraordinario en que “a responsabilidade e a ética política son dous conceptos que deberían ir vencellados ineludiblemente coa representación política dos cidadáns nunha democracia”.

Partido dos Socialistas de Galicia LUGO