Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Máis de 16.000 usuarios empregan o servizo de conexión gratuíta a Internet “Ourense WIFI”

O servizo, que ofrece unha conexión gratuíta a internet a unha velocidade de 510 Kbs, permite consultas sinxelas como email, visita de páxinas web ou a lectura da prensa diaria desde os 53 puntos de conexión, que se estenden tanto no núcleo urbano coma no rural.

Entre os puntos de conexión máis habituais dos usuarios atópanse o Parque Barbaña (con 1.787 sesións no último mes), a rúa Lugo (con 1.720), a Avenida de Santiago (con 1.701) ou a Praza da Lexión (con 1.555).
No referido ao total das sesións, neste último mes de xullo o servizo superou por segunda vez desde a posta en marcha en decembro de 2010 as 30.000 sesións, cun total de 30.771. Destas, unha de cada catro foron visitas de usuarios novos, e o 75% restante de usuarios xa rexistrados previamente.

En canto ao idioma de acceso empregado, a tendencia nos últimos meses é un aumento no emprego de linguaxes estranxeiras: unha de cada tres conexións realízanse nun idioma diferente ao español (na súa maioría, en inglés).

Concello de Ourense