Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Ramón Chao moderará en Vilalba un cine-coloquio sobre Luis Buñuel

Como outras películas do universo Buñuel, A Vía Láctea trata de temas como o catolicismo, o comunismo e o surrealismo. O guión é do propio Buñuel e do francés Jean-Claude Carrière, que na cinta interpreta o papel de Prisciliano e que na actualidade é o presidente de honra da plataforma cívica Amigos de Prisciliano, fundada por Ramón Chao e Ignacio Ramonet.

A Vía Láctea é unha obra única na filmografía de Buñuel, e recolle todas as obsesións do autor. Dous peregrinos contemporáneos parten, como o fixeron desde a Idade Media, da Rue Saint-Jacques en París cara a Santiago de Compostela. O formato é o da tradicional narración picaresca na que unha parella de desposeídos sobreviven ao longo do trazado xacobeo. Asemade, é a narrativa aínda máis tradicional do cabaleiro andante e o seu escudeiro na procura busca da fe e da honra.

Como colofón deste acto, Ramón Chao interpretará ao piano "O lago de Como", peza que deu título á súa primeira novela -publicada en 1983, da que agora se cumpren 30 anos- e que foi finalista no Premio Nacional de Narrativa.
A Voz de Vilalba