Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Conmemórase o 90º aniversario do futbolístico Real Club Celta de Vigo

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou a historia e tradición do Real Club Celta de Vigo no seu noventa aniversario e atribuíu os seus éxitos á súa capacidade de unión para medrar e acadar as súas ilusións.

Durante o acto de celebración, Feijóo afirmou que Galicia ten razóns de sobra para amosarse orgullosa do seu deporte. Así, referiuse ás numerosas alegrías dadas ao longo destes anos polo club vigués. Entre outros destacou os máis de cen derbis disputados co Deportivo e agradeceu ao presidente do Celta, Carlos Mouriño, os bos desexos que tivo para o club coruñés.

Feijóo concluíu a súa intervención desexándolle ao equipo a mellor das tempadas e expresando o seu convencemento de que este ano pronto acadará o obxectivo da permanencia e poderá mirar cara metas máis altas.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia