Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Lugo celebra do 16 ao 21 de setembro a XXXV Semana Internacional de Cine de Autor

A Concelleira de Cultura,Turismo, Xuventude e Promoción da Língua. Carmen Basadre, participou na presentación da XXXV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que tivo lugar na Deputación provincial.

Carmen Basadre felicitou ó grupo Fonmiñá ó que agradeceu en nome de todos os lucenses a organización desta 35 Semana de Cine de Autor “que pón a Lugo no mapa cinematográfico e ten repercusión máis alá das nosas fronteiras galegas”.

Destacou que este evento ofrécenos a “oportunidade de poder disfrutar de cine de calidade, películas que saen do circuito comercial”.

Tamén reivindicou a importancia do cine e da cultura que son, dixo Carmen Basadre, “unha necesidade humana que nos axuda ó noso desenvolvemento e a comprender o mundo, a ser máis tolerantes e dialogantes”.

A Concelleira de Cultura destacou que “a cultura en xeral e o cine en particular non son nin poden ser un obxecto de luxo, aínda que, nestes momentos, a suba do IVE fai que cada vez sexan máis as persoas que non teñen acceso a gozar do cine ou do teatro e levou ó peche de moitos cines, tamén en Lugo”.

A XXXV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, organizada polo Grupo fotocinematográfico Fonmiñá, desenvolverase do 16 ó 21 de setembro e as distintas actividades programadas terán lugar en distintos escenarios como son o Aditorio Gustavo Freire, o salón de actos da Deputación, o Museo provincial, a sala de NovacaixaGalicia, a Biblioteca provincial, o Vicerreitorado da Universidade e a Galería Sargadelos.

O amplo programa inclúe os seguintes ciclos: infantil, o mellor do ano, curtas-sección oficial, sección oficial, e para comer…Lugo, rodado en Lugo, sección especial e as curtas tamén son cine.

A inauguración oficial da Semana de Cine terá lugar o luns, día 16, ás 22.45 horas, no Auditorio Gustavo Freire, onde se fara a entrega do premio a Mar Balcelles Font, gañadora do concurso de carteis anunciador da Semana e se proxectará a curtametraxe “El vendedor de humo” e a película a concurso dos lucenses María e Marcos Hervera “Avión, el pueblo ausente”, que asistirán á estrea en Lugo.

Fotografía: Carlos Rodríguez Arias.
Gabinete de Comunicación do Concello de Lugo