Galicia e Portugal optimizarán a súa cooperación no esceario 2014-2020
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse en Oporto co coordinador portugués da Comunidade Traballo Galicia-Norte e novo responsable para a Cooperación Transfronteiriza, Nuno Almeida. O obxectivo deste encontro foi analizar o estado da cooperación transfronteiriza, as novas perspectivas fronte o novo orzamento comunitario que se abre en 2014 e o labor da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte, con sede en Vigo.
Gamallo salientou o acordo de galegos e portugueses para -nestes momentos de dificultade económica- impulsar a Eurorrexión e intensificar e fortalecer o seu posicionamento dentro da Unión Europea. “Este encontro serviu para constatar que temos ante nós unha enorme responsabilidade neste momento e que estamos dispostos a asumila; a Eurorrexión non só sigue sendo útil e sigue vixente, senón que quedamos en intensificar as nosas relacións para insistir, persistir e apostar pola Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”, explicou.
Neste senso, un dos ámbitos prioritarios nos que traballa a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, e que se analizaron na reunión, é como optimizar o novo escenario financeiro 2014-2020 no que a cooperación transfronteiriza se refire; detectando prioridades de investimento e tendo en conta as nosas especificidades territoriais e sempre co horizonte final de facer un mellor uso dos fondos comunitarios.
A tal efecto, a Eurorrexión conta con instrumentos fundamentais como son as dúas Eurocidades postas en marcha, Verín-Chaves e Tui-Valença. Así mesmo, os dous coordinadores da Comunidade de Traballo destacaron a aposta de I+D da Eurorrexión, tanto no Campus do Mar de Vigo como no Instituto Ibérico de Nanotecnoloxía de Braga.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia