Cultura presenta no CGAC a música creada na exposición Graham Gussin
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levará o día 8 de outubro ao Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) a estrea absoluta das composicións musicais creadas a partir da exposición ‘CLEARBLUESKYDEEPDARKWATER’, unha mostra de pezas do londiniense Graham Gussin que acolle este centro da Consellería desde o pasado mes de xuño. No marco da cuarta edición do ciclo ‘Música e arte. Correspondencias sonoras’, a Consellería organizará tamén este sábado 5 de outubro ás 11,30 horas a segunda edición do ‘cAuSaL’, un importante encontro internacional de compositores que contará coa presenza de Charles-Antoine Fréchette (Francia), Alireza Farhang (Irán) e Hugo Morales Murguia (México). A entrada será libre para todos os interesados en asistir a este encontro.
O martes 8 ás 20,30 horas, Vertixe Sonora Ensemble será a responsable de pechar o ciclo con ‘Ambiguo e sublime’, estrea absoluta das composicións nacidas a partires da mostra de Gussin no CGAC, unha das programadas co gallo do 20 aniversario do centro. No concerto interpretaranse as composicións 'When I do Count the Clock that Tells the Time', de Alireza Farhang, para saxofón, percusión, piano e violonchelo; 'Un jardín primitivo', de Santiago Díez Fischer, para trío amplificado de saxofón barítono, violonchelo e percusión; e mais 'Toposition(s)#', de Charles-Antoine Fréchette, para saxofón, percusión, piano, violonchelo, 11 micrófonos e sonorizador.
Este é o concerto de peche de ‘Musica e Arte. Correspondencias sonoras’, un ciclo de diálogo entre a música e a arte do noso tempo inspirado nas exposicións que acolle o CGAC, da man da interpretación de Vertixe Sonora Ensemble. O obxectivo é coñecer de primeira man as estéticas máis avanzadas, os compositores máis relevantes e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música.
Nesta edición de 2013 ofrecéronse xa os concertos ‘UTOPÍA SONORA’ arredor da exposición de Miguel Palma ‘Desconforto moderno’; así como o dedicado á exposición ‘JAMES WELLING, THE MAN ON FIRE’; e mais ‘ETCÉTERA’, sobre as mostras de Ricardo Basbaum e Graham Gussin no CGAC, ‘DIAGRAMAS’ e a devandita ‘CLEARBLUESKYDEEPDARKWATER’.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia