Galicia será pioneira en España no impulso do Mercado da Terra
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, tras o Consello da Xunta, a creación dun observatorio do mercado da terra na comunidade, que será pioneiro es España, e que nace co obxectivo de avaliar o mercado da terra en Galicia.
Feijóo lembrou que a Xunta ten controlado ao máximo os valores de referencia para o arrendamento ou a concesión das parcelas do Banco de Terras; que ten impulsado a Lei de mobilidade de terras, que ten por obxectivo aproveitar todo o potencial do Banco de Terras e mellorar a competitividade do agro galego; e hoxe, engadiu, “imos adoptar un novo instrumento para facer unha avaliación continua do movemento das terras en Galicia”.
Para iso, argumentou, “conveniamos coa Fundación Juana de Vega e coa Universidade de Santiago de Compostela, xunto coa Consellería do Medio Rural, para levar a cabo o proxecto “Propiedade, mobilidade da terra e valorización territorial”. O obxectivo final deste proxecto é crear un observatorio que identifique, punto por punto, os problemas para alugar as terras que están nese Banco e as posibles solucións, que permitan redimensionar as explotacións a través do aumento da súa base territorial.
“Este instrumento vai facilitar a seguridade que ofrece o Banco de Terras aos propietarios para que os propietarios poñan á disposición do banco, sen perder a propiedade, toda esa capacidade produtiva instalada no medio rural galego”, indicou.
O proxecto, que se levará a cabo durante os anos 2013-2014, consiste na mellora do Sistema de Terras de Galicia (SITEGAL) para facilitar o seguimento do comportamento de variables en canto á mobilidade de terras. Deste xeito, integrarase toda esa información e funcionalidades na plataforma SITEGAL, como unha infraestrutura tecnolóxica de referencia. “É dicir, transparentar e dar información de como se move o Banco de Terras e de todas as capacidades, concello por concello, de poder alugar terras neste Banco, cos prezos taxados e mantendo a propiedade dos seus titulares”.
“Polo tanto, poñemos en marcha por primeira vez un observatorio das variables que interveñen no mercado de terras e imos tratar de dar coas debilidades do Banco e coas súas fortalezas e seguir tomando decisións que se encamiñen a mellorar o contorno económico, social e, sobre todo, legal para vencer as dificultades que sigue tendo esta iniciativa”, concluíu o presidente da Xunta.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia