En 2015 faranse por Internet todos os trámites administrativos con claves persoais de acceso no móbil
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, garantiu a consolidación da sede electrónica da Xunta, que fará posible a presentación telemática para todos os trámites en 2015 e simplificará o acceso mediante claves a través do teléfono móbil.
En primeiro lugar, o presidente da Xunta constatou o bo funcionamento da sede electrónica, xa que nos primeiros nove meses do ano os cidadáns presentaron telematicamente máis de 11.000 procedementos, “o que significa –dixo- un aforro aproximado de un millón de euros para cidadáns e empresas”.
Ademais, segundo dixo, o éxito da sede electrónica “queda patente nas seguintes cifras: preto de seiscentos procedementos dispoñibles xa e máis de 200.000 visitas, case o dobre das realizadas en todo o 2012”. Nesa liña, sinalou, ademais, que no pasado mes de setembro, o número de presentacións electrónicas creceu máis dun 300 por cento con respecto ao mesmo período do ano anterior, de 143 a 3.074.
En palabras do presidente galego, “estes datos acreditan que estamos no bo camiño, que os cidadáns e as empresas utilizan estes mecanismos para aforrar desprazamentos e para aforrar custos”, motivo polo que “temos que seguir apostando pola Administración electrónica para seguir incrementando o seu uso”. Con ese obxectivo, remarcou, “seguiremos traballando para que en 2015 todos os trámites administrativos poidan ser realizados de forma electrónica”.
Simplificación da tramitación electrónica
Por outra banda, Feijóo destacou tamén a decisión no Consello do Goberno galego de simplificar a xestión telemática coa Administración facilitando o uso de claves concertadas entre os cidadáns e Xunta para acceder á sede electrónica, como principal medida do protocolo de identificación e sinatura electrónica aprobado hoxe pola Xunta.
Coa posta en marcha desta medida, que se prevé que estea operativa en 2014, a Xunta habilita un novo mecanismo de acceso á Administración electrónica para evitar que “as persoas menos familiarizadas co emprego das novas tecnoloxías queden excluídas dos servizos electrónicos”.
Así, explicou que para ser usuario deste sistema só será necesario darse de alta no servizo, verificando a súa identidade nas oficinas de rexistro habilitadas ou ben a través da sede electrónica. Unha vez feito isto, o usuario recibirá no seu móbil unha clave de acceso, que empregará xunto co seu NIF para acceder á sede electrónica e “garantir a confidencialidade entre o cidadán e a súa Administración”.
O titular da Xunta subliñou que este mecanismo será “transversal a toda a Administración xeral e o sector público de Galicia” permitindo aos cidadáns dispoñer dun único usuario e contrasinal con independencia da consellería ou entidade coa que se relacione. Deste xeito, cada vez que queira realizar unha xestión, o usuario introducirá a clave de acceso e o NIF na sede electrónica e recibirá automaticamente no seu móbil un código de sinatura dun só uso e válido durante 24 horas para realizar o trámite que solicita.
O protocolo establece, tamén, a implantación dunha política común de sinatura electrónica na Administración xeral e do sector público autonómico para aliñar e homoxeneizar os procedementos de sinatura electrónica e garantir a súa interoperabilidade coa Administración do Estado; e determina, ademais, as condicións para a publicación de documentos na sede electrónica.
O mandatario galego resaltou que con estas medidas a Xunta busca non só “ampliar o número de procedementos, senón tamén o número de utilizacións deses procedementos para que as empresas e os cidadáns, sen saír da súa casa, poidan ter unha relación fluída e gratis coa Xunta naquilo que precisan”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia