Recoñécese a Ceferino Díaz coa Medalla de Ouro de Galicia a título póstumo

Feijóo destacou a entrega, a xenerosidade e a responsabilidade coa que este lugués de O Saviñao exerceu no Parlamento de Galicia, e defendeu Galicia en España. Neste sentido, afirmou que a súa é unha traxectoria merecente de ser un modelo para todos os políticos “porque o sentido común, o compromiso con Galicia e con España e a capacidade para establecer unha orde de prioridades axeitado, se impuxeron sempre sobre calquera outra consideración”.
“Por todo iso, se é unha gran verdade que temos que lamentar a perda –demasiado pronta- dun home tan valioso na política galega, tamén o é que temos que felicitármonos por ter podido contar con el e aprender tanto do seu exemplo”, engadiu.
Feijóo salientou que Ceferino Díaz estivo a altura de Galicia e avogou por que recollan o seu testemuño todas as forzas políticas con representación no Pazo do Hórreo, “no que tantas veces o puidemos oír debater, conversar, aportar, ilusionar, convencer e pactar”.
O titular da Xunta rematou a súa intervención lembrando as palabras de Ceferino Díaz con motivo do 30 aniversario do Parlamento de Galicia e pedindo que esas palabras ilustren sempre a vida pública galega: “Ceferino Díaz dixo aquel día que ’. E engadiu: ”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia