Kepa Junquera presenta no Centrad da Deputación de Lugo o seu novo disco

O acto é gratuíto e aberto ó público. O artista falará da inspiración que o levou a empregar os instrumentos tradicionais galegos e estará acompañado por Daniel e Emilio Os Pando, dous intérpretes de trompa que colaboraron na gravación do disco. Tras unha breve presentación aberta á participación dos asistentes, interpretarán varias pezas incluída no seu último álbum.
O Centro de Artesanía e Deseño recupera o patrimonio artesán da provincia, entre o que destaca os instrumentos musicais tradicionais, algúns deles case esquecidos como a trompa galega que aparece no álbum de Kepa Junquera. No mes de setembro, a Deputación organizou unhas xornadas de recuperación e posta en valor deste instrumento na Fonsagrada con obradoiros de construción e interpretación da trompa. Na iniciativa para a posta en valor desta técnica profesional, participaron activamente Os Pandos, que colaboran co artista vasco neste álbum.
Homenaxe a Galicia
Kepa Junquera escolleu para o seu último disco instrumentos tradicionais galegos como a gaita, o acordeón galego, pandeiros e pandeiretas, considerando que encaixan á perfección co acordeón diatónico tradicional vasco. Máis de 200 artistas galegos de recoñecido prestixio participaron na gravación, como Cristina Pato, Luar na Lubre, Leilía, ou Treixadura, entre outros.
Fotografía: https://www.facebook.com/oficialkepajunkera
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo