Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

BNG e EU piden un pronunciamento da UE sobre as rías galegas

O BNG demanda que o informe do Parlamento Europeo sexa rigoroso e aporte propostas que contribúan a completar o saneamento integral da Rías galegas, e lamenta a estratexia do PP de devaluar os contidos do informe da Eurocámara que está a provocar continuadas demoras na súa aprobación, ante a negativa de dúas dos tres ponentes oficiais a aceptar as modificacións que “descafeinan” a redacción inicial do informe.

A secretaria de política internacional, Ana Miranda, eurodeputada nacionalista no momento en que a delegación do Parlamento Europeo visitou as Rías de Vigo, Ferrol e O Burgo, salienta que o importante “é que o informe recolla propostas e medidas para acadar o obxectivo polo que tantos colectivos, plataformas e persoas levan loitando: completar o saneamento das rías galegas. Para iso, o BNG ten feito propostas moi concretas como destinar fondos europeos para rematar as infraestruturas necesarias para ese saneamento”, explicou Miranda.

Neste sentido, Miranda lamenta que o PP na Eurocámara estea instalado na estratexia de “devaluar os contidos críticos do informe” coa única finalidade de “lavarlle a cara tanto ao Goberno central como a Xunta”. De feito, salienta, foron retiradas incluso as manifestacións do propio Executivo autonómico no que se admitían problemas no estado das rías galegas que motivaron a visita de investigación da Eurocámara.

“O PP debe deixa de restar e de boicotear a elaboración e aprobación do informe, porque ese empeño en recortar o contido inicialmente redactado polos ponentes oficiais está levando a continuos retrasos que en nada contribúen a mellorar o estado das rías”, alega Miranda, quen presentará emendas a través do Grupo Verdes/ALE no que está integrado o BNG na Eurocámara.

Esquerda Unida lamenta que a comisión de peticións europea non sexa quen de poñerse dacordo sobre o estado das rías galegas. As conclusións e recomendacións propostas pola Comisión Europea son un exemplo de presión política que a dereita exerce sobre a institución europea.

A executiva nacional de Esquerda Unida considera que 9 meses despois da visita da comisión europea á ría de Vigo, do Burgo e de Ferrol, debería ser tempo dabondo para emitir un informe de consenso sobre o que traballar. Tras varios informes dispares e sen tansequera o acordo dos membros plenos da delegación, por fin semella nos atopamos na fase final do informe, un informe que por outra banda é alleo á situación galega.
O informe da comisión atópase fóra da realidade da situación das rías galegas, non aporta solución algunha salvo a declaración de intencións e desexos de cara á administración competente para que cumpra cos obxectivos que ata o de agora non foi quen de cumprir.

O problema de contaminación nas nosas rías, que por outra parte son o sustento dun gran número de familias adicadas ao sector mariqueiro semella non ser un obxectivo primordial para as políticas europeas.

A conclusión de que a construción de Reganosa cumpliu coa lexislación obviando a vulneración das normas europeas de seguridade en caso de emerxencia e a normativa de actividades insalubres, parecen reflectir a vontade de primar os intereses da gaseira sobre os da cidadanía ou dito tamén, priorizar os intereses políticos fronte aos intereses da cidadanía, como tamén acontece coa ría de Vigo onde a contrución dunha macrodepuradora semella ser a solución á contaminación, mentras que con respecto á ría do Burgo sí recoñecen o exceso de lodos. Todo esto, 9 meses de traballo.

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, afirma que “hoxe EU dará traslado a través do eurodeputado de IU, Willy Meyer, das enmendas a dito documento”.
Gabinetes de Comunicación do BNG e de EU