A Ruta do Mar de Arousa e Ulla achega o Camiño de Santiago a través do patrimonio literario

Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, Manuel Antonio, Castelao, Rafael Dieste e Valle-Inclán son algúns dos autores e autoras da literatura galega a través dos que a fundación convida a coñecer a ruta xacobea do mar de Arousa e Ulla, incidindo na súa extraordinaria riqueza cultural e literaria. “Os escritores e escritoras presentan múltiples atractivos e poden ser fonte para a dinamización social, cultural, lingüística, educativa e turística de Galicia”, afirmou Anxo Lorenzo, que incidiu no valor engadido que lles outorgan ás vilas os autores e autoras que naceron nelas.
Diálogo entre o Camiño e o patrimonio literario
O secretario xeral de Cultura recordou os diversos concellos que contan coa singular circunstancia de seren lugar de nacemento de insignes escritores e escritoras. Segundo afirmo Anxo Lorenzo, as terras do Arousa e o río Ulla constitúen un exemplo excelente e a fundación soubo converter a riqueza literaria dos seus concellos nun atractivo máis para dar a coñecer a ruta xacobea do mar de Arousa e Ulla, a través desta exposición.
O acto de inauguración da mostra, que leva asociada unha guía impresa dirixida a visitantes e turistas para que poidan coñecer a Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulla, tamén participaron, entre outros, o presidente da Fundación Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulla e representantes dos 21 concellos que integran esta entidade.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia