Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Astano e Bazán, unha esperanza para o futuro

Refírome ós titulares e as informacións publicadas ó pairo da noticia de que a Unión Europea deu o seu paraben ó acordo dos sindicatos USTG, CC.OO. e UGT coa SEPI, para salvar o Sector Naval Publico Español.

“Peche encuberto da planta de Perlio” “ la antigua Astano sólo podrá fabricar buques de guerra” “la UE obliga a IZAR-Fene a dar el carpetazo definitivo al mercado offshore”, etc.

Foi Pedro Sancho quen pechou ASTANO alo polo ano 1985, que nadie se esqueza de que para a UE ASTANO deixou de existir entón. O eufemismo de se convertir nunha fábrica de artefactos offshore e a chamada prohibición de construir barcos non son mais que formas suaves de presentar unha realidade: o peche do Asteleiro de Fene.

Peche que era a consecuencencia dunha exisencia da UE de reducción da capacidade industrial instalada e que naquel entón a decisión do goberno determinou que fose ASTANO en lugar de outros asteleiros o que se pechara.

De xeito que agora, ó integrar a ASTANO e BAZAN nunha nova empresa pública, supón non un peche, nin unha limitación, senón todo contrario, constitue unha porta aberta ó futuro que algúns queremos ver con esperanza e para o que estamos a traballar arreo, no eido de constituir o referente da Industria Naval Militar Española que no futuro poida liderar o que se esta a perfilar como o Grupo Naval Militar Europeo.
Así que de peche nada de nada, é preciso desterrar todo o negativismo se queremos un futuro mellor para ferrolterra ou é que alguén pensa que o futuro de ASTANO estaba en privatizarse e seguir arelando competir nunha especialización do mercado que hai anos desplazouse a outras latitudes do planeta?.
Na USTG estamos orgullosos de haber contribuido a deseñar esta saida que é a mellor que fumos capaces de construir para salvar unha situación de quebra total. Claro que os que se instalan na demagoxia permanente estarán sempre pedindo teta e sopas.
Gregorio Freire Piñeiro e Xosé Francisco Salceda Gómez (Federación do Metal da USTG)