A RAG disporá de instalacións gratuítas na Cidade da Cultura durante os vindeiros dez anos
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, xunto coa Fundación Cidade da Cultura de Galicia veñen de chegar a un acordo coa Real Academia Galega (RAG) que lle posibilitará a esta institución ocupar dende xaneiro próximo un lugar físico na Cidade da Cultura a onde levará parte do seu persoal cos equipos e fondos que xa veñen utilizando. O acordo entre as partes fará posible ademais a posta en funcionamento de varios proxectos de investigación da RAG, e supón un paso máis no cumprimento do Plan Estratéxico do Gaiás e da folla de ruta que a Consellería aprobou en xuño de 2012 para a Cidade da Cultura
A Fundación comprométese a cederlle á Real Academia Galega, a título gratuíto, por un período de dez anos, o uso do espazo necesario no edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia para situar o persoal e os fondos que compoñen na actualidade os actuais seminarios de lexicografía e sociolingüística e toponimia da RAG para un número de 9 persoas. A súa situación será o edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia.
Grazas ao mencionado acordo, compoñentes das seccións de lexicografía, terminoloxía e toponimia levarán a cabo o seu traballo dende a Cidade da Cultura aproveitando tamén os fondos e infraestruturas alí existentes. Ao mesmo tempo esta nova dotación da Cidade da Cultura supón un importante avance no fomento da creación, explotación e promoción de áreas ou centros de conservación, produción, e consumo cultural, comunicativo e tecnolóxico, dado a súa especial consideración como espazo multifuncional, multidisciplinar e aglutinador necesario para propiciar a interacción cultural en Galicia.
Esta colaboración suporá un importante aforro para a RAG, pois estes traballadores estaban sitos anteriormente nun piso de aluguer en Santiago, e de forma provisional nas instalacións do Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) polo que mediante este convenio, optimízanse os recursos existentes en materia cultural e conséguese un notable aforro de custos con repercusións económicas no seo da RAG, ao tempo que se conforman como un equipo único.
Ao mesmo tempo, destaca a importancia da Cidade da Cultura como lugar de referencia para a localización e elaboración de estudos en materia lingüística e cultural. Así, o Gaiás consolídase cada vez máis como un centro de investigación e desenvolvemento de proxectos de importancia capital dentro do noso sistema cultural.
Este acordo, permite maximizar os investimentos das ditas institucións, por medio da colaboración estreita e de esforzos coordinados en todos os eidos que teñan que ver coa localización, adquisición, recuperación, tratamento técnico, conservación, dixitalización e difusión do material lingüístico creado en Galicia (ou fóra de Galicia).
Tamén se utilizarán de xeito compartido coa Real Academia Galega os programas de xestión bibliotecaria e a facilitar a aplicación no proceso técnico documental das mesmas directrices e normativas nacionais e internacionais establecidas ou utilizadas pola Biblioteca de Galicia. Todo elo facilitará o intercambio de información e posta a disposición de especialistas, das restauracións e migracións necesarias do soporte físico, e do software que o albergue, que a tecnoloxía e a normativa de aplicación ao tratamento e preservación documental aconsellen en cada momento.
Ademais, a RAG verá facilitado o seu labor ao dispoñer dun acceso diferenciado ao catálogo dos fondos obxecto do convenio, ademais de que os seus rexistros se integren no catálogo da Biblioteca de Galicia. Dende a Cidade da Cultura poderase dar acceso a todos os procesos relacionados coa xestión dos fondos destes seminarios da RAG (como a localización, selección e adquisición, rexistro, descrición, ordenación e clasificación, dixitalización, etc.), incluída a atención personalizada aos estudosos e investigadores deses fondos que serán realizados polo persoal da Real Academia Galega asignado a cada unha das súas seccións.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia