130 actividades completaron o programa de dinamización lingüística FalaRedes 2013

A derradeira actividade de “FalaRedes 2013” celebrarase esta tarde en Curtis, na Oficina Municipal, ás 17:00 horas, onde terá lugar a última función do espectáculo poético-teatral “Acuario”, que conclúe tamén o seu itinerario por 30 concellos da RDL.
‘Acuario’
Da man da comunicadora María Canosa e mais do Teatro dos Ghazafellos, os máis pequenos trasladáronse ao fondo dun acuario cheo de peixes e de humor para achegarse á poesía en lingua galega e coñecer os nomes dos animais que alí habitaban.
“Acuario” despregou durante o último trimestre do ano un total de 30 sesións por outros tantos concellos da RDL: Neda, Lobios, A Laracha, A Coruña, Celanova, Castrelo de Miño, Ourense, Ponteceso, Cerceda, Ordes, A Bola, A Peroxa, Pontedeume, Castro de Rei, Cospeito, Santiago de Compostela, Cotobade, Cee, Negreira, Muxía, Cabana de Bergantiños, Aranga, Dodro, Boqueixón, Muros, Melide, A Cañiza, A Baña, Corcubión e, despois da sesión desta tarde, Curtis.
‘As pombas de Carboeiro’
Outra das actividades de “FalaRedes 2013” foi “As pombas de Carboeiro”, un espectáculo musical e teatral a cargo da compañía Fantoches Baj que se montou en colaboración coa mocidade integrante das bandas de música de 19 concellos. Deste xeito, os mozos e mozas, a partir da súa afección musical, tomaron parte activa no desenvolvemento da propia actividade de dinamización en cadanseu municipio da RDL.
O itinerario de “As pombas de Carboeiro” incluíu as localidades de Vedra, Cambados, O Carballiño, O Rosal, Negreira, Melide, Padrón, Ortigueira, Fisterra, Tui, Valga, Ribadavia, Brión, Boiro, Viveiro, Foz, Sober, Lalín e Oleiros.
‘A nena e o grilo nun barquiño’
“A nena e o grilo nun barquiño” achegou o seu espectáculo de música, narrativa, poesía, teatro e baile en directo a 23 concellos da RDL: Carral, Ponte Caldelas, Outeiro de Rei, Cee, Ribadumia, Outes, Rois, Zas, Oroso, O Barco de Valdeorras, Vilaboa, Bueu, A Porqueira, Santiago de Compostela, Vila de Cruces, Piñor, Abegondo, Avión, Redondela, Caldas de Reis, O Carballiño, Malpica de Bergantiños e Cerceda.
Neste musical, os espectadores de todas as idades puideron vibrar coa viaxe da nena e mais do grilo por un mundo máxico e cheo de aventuras, acompañados en directo por 13 cancións do compositor Magín Blanco, un dos referentes actuais na discografía infantil en galego.
“Rosalía Pequeniña”
A música galega e en directo tamén foi o ingrediente principal do concerto “Rosalía Pequeniña”, no que a popular cantante Uxía versionou os poemas máis coñecidos da poetisa galega para celebrar a efeméride dos 150 anos da publicación de Cantares gallegos por 40 municipios da RDL. E é que dende o mes de maio, a actividade festexou a poesía e a música en galego nos concellos de Pontecesures, Ferrol, Dodro, Mos, Ponteceso, Xunqueira de Espadanedo, Melón, Sobrado, Teo, Val do Dubra, Miño, A Pontenova, Palas de Rei, Betanzos, Xove, Dumbría, Forcarei, A Lama, Marín, Cerdedo, Tui, Cuntis, Brión, Fene, A Baña, O Vicedo, Neda, Ponteareas, Toques, Cariño, Mondariz-Balneario, Carballedo, Cangas, Lousame, Baiona, Campo Lameiro, A Pobra do Brollón, Laxe, Carnota e Pontedeva.
“Augalingua”
A actividade estival “Augalingua”, dirixida a cativos de 6 a 12 anos, botou a andar a principios de xullo nas piscinas municipais ou nas praias fluviais de concellos do interior de Galicia. Durante os meses de verán, a xente miúda da casa puido participar nestas divertidas xincanas nas que os xogos de rapidez ou de axilidade se mesturaron con outros de lingua.
A actividade de dinamización lingüística chegou a un total de 18 municipios durante os meses de xullo e agosto: San Cristovo de Cea, Maside, Toén, Vilamarín, Taboada, Monterroso, Guntín, Ribas de Sil, Parada de Sil, O Barco de Valdeorras, A Veiga, Sarreaus, A Bola, Muíños, Cerceda, Lalín , Ordes e Castrelo de Miño
Toda a información sobre o programa “FalaRedes 2013” e as súas actividades pódese consultar no web www.xunta.es/linguagalega/falaredes_2013.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia