A RAG conmemora o 101º aniversario do nacemento de Fernández del Riego

Na homenaxe, celebrada na sede coruñesa da entidade, tamén estiveron presentes o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e a directora xerente da Cidade da Cultura, Beatriz Loroño. No acto interviñeron o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero, e os membros numerarios Víctor Freixanes e Salvador García-Bodaño. Asemade tamén participaron os estudosos María Dolores Villanueva, Ana Acuña e Ramón Nicolás.
Unha Galicia vivida
Baixo o lema “Unha Galicia vivida: homenaxe a Del Riego no 101 aniversario do seu nacemento', a RAG recordou a figura do narrador e presidente desta institución entre 1997 e 2001.
Cómpre recordar que Francisco Fernández del Riego pertenceu a xeración de intelectuais xurdidos ao redor do grupo Nós. Foi un dos principais artífices da Editorial Nós, ademais de dirixir os primeiros cen números da revista Grial, xunto a Ramón Piñeiro.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia