Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Creada unha Coordenadora Veciñal para resolver o conflicto coa Canteira Áridos de Puenteareas

Os veciños da parroquia de Xinzo celebraron unha nova reunión, na que despois de seren informados das xestións realizadas pola Xunta Rectora da Comunidade de Montes sobre o conflicto creado polo empresario Manuel Crisóstomo, coa expropiación de 17 ha. tomándose polos máis de 200 veciños os seguintes acordos:
Como condición previa para calquera negociación co Sr. Crisóstomo, este terá que presentar por escrito o compromiso de retirar o expediente de expropiación forzosa da canteira, así como a solución ao problema do tránsito de camións para que deixen de utilizar as pistas veciñais.
Pola gravidade do problema que vai máis alá das funcións da Xunta de Montes, os presentes decidiron actuar conxuntamente todos os Colectivos Veciñais de Xinzo, e que asinan a presente nota reflectindo o apoio de todas as asociacións da parroquia a estes acordos e accións de defensa do monte e para acabar co tránsito pesado da canteira polas pistas veciñais.
Solicitar á Corporación Municipal de Ponteareas, que trate en pleno este grave problema, realizando un estudo do tráfico da canteira, as alternativas posibles e consecuentemente a sinalización das pistas veciñais para o tráfico que poden soportar. Tamén se pide que o Pleno se opoña á solicitude de expropiación en base ás alegacións presentadas polos veciños diante da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais. Unha representación dos Colectivos Veciñais exporá a problemática ao Goberno e a todos os Grupos Municipais.
Manter reunións co Director Xeral de Montes e Industrias Forestais, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e demais instancias involucradas neste conflicto.
Realizar unha campaña informativa para dar a coñecer o problema, e se entenda o malestar da parroquia por esta actuación abusiva do Sr. Crisóstomo que pretende deixar aos veciños indefensos para acadar un maior lucro persoal sen ningunha outra consideración, pero fronte a isto o Sr. Crisóstomo (presidente do PP de Tui) debe saber que ten a toda unha parroquia de 1500 habitantes que defende os seus dereitos, a súa calidade de vida e a súa dignidade.

Colectivos Veciñais de Xinzo:
Comunidade de Montes, Centro Cultural, F.C. Xinzo, Banda de Música, Grupo Folclórico, Asociación Xuvenil Xe, Fútbol Sala, Sociedade de Tiro, Caza, Asociación Cultural e Deportiva San Andrés e Asociación de Veciños

Coordinadora Veciñal en Defensa dos Intereses de Xinzo