Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Deputados federales de México visitan o goberno provincial de Ourense

A visita enmárcase dentro do Máster de asesoramento de imaxe e consultoría política que organizan a Consultora Carpe Diem e a Universidade Camilo José Cela de Madrid, dentro do Seminario internacional de comunicación política. O obxectivo desta acción formativa é expoñer por parte de consultores políticos as diferentes ferramentas de comunicación e compartir casos de éxito de xestión en diferentes instancias de goberno para que, ao seu regreso a México, poidan transformar estes coñecementos en estratexias de xestión na administración pública e na comunicación política.

Rosendo Fernández explicoulles aos deputados mexicanos o funcionamento administrativo e político da Deputación de Ourense, destacando o feito de que o ente provincial é un referente nacional en transparencia, “o que fala ben ás claras da xestión eficaz e eficiente que os diferentes departamentos da institución realizan a prol dos concellos da provincia e dos cidadáns”. Fernández subliñou que nunha provincia como a de Ourense, con 92 concellos, dos cales 91 deles contan con menos de 20.000 habitantes, “a existencia dun goberno local intermedio é imprescindible para a prestación de moitos servizos”. Entre eles citou a cooperación que presta a Deputación de Ourense aos municipios no ámbito do medio ambiente, o saneamento, o ámbito xurídico, de tributos, de benestar e de infraestruturas.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense