Os Príncipes de Asturias visitan o pavillón de Galicia na XXXIV Feira Fitur en Madrid

Os Príncipes de Asturias visitaron o pavillón galego, que nos tres días de feira dedicados ao público profesional, acollerá 25 presentacións dos destinos galegos dirixidas a axentes de viaxes, operadores turísticos e medios de comunicación especializados. O pavillón de Turismo de Galicia conta cunha superficie de 967 metros cadrados e cunha estética que se caracteriza pola utilización de materiais naturais para incidir na imaxe de Galicia como destino sustentable.
O pavillón do turismo galego conta cos seguintes módulos expositivos: Galicia; establecementos con Q de Calidade Turística; as catro provincias galegas; o turismo de cidade; o Camiño de Santiago e o VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago e máis experiencias turísticas en Galicia.
Presentacións da primeira xornada
O salón de actos do pavillón galego acolleu as presentacións de Turismo de Santiago, Turismo da Coruña, o Concello de Ferrol, a Deputación da Coruña, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Expourense e o Plan de Competitividade Turística Portas de Galicia.
Bandeiras Estacións Náuticas

O recoñecemento destaca as excelentes condicións para a práctica de deportes náuticos dun destino, o impulso de actuacións para enfocar o destino cara ao eido náutico ou a existencia de produtos especializados.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia