A Deputación fai partícipes os xóvenes empresarios do Plan Transforma Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co presidente do Círculo de Xóvenes Empresarios de Ourense, Lois Babarro Alén, para analizar temas relacionados co emprendemento, a economía e o emprego na provincia de Ourense.
Lois Babarro entregoulle ao presidente provincial a memoria e o plan de traballo da organización empresarial, na que da conta dos obxectivos da mesma, coincidentes en gran parte coa filosofía de actuación da Deputación de Ourense en materia de cooperación para impulsar a actividade económica e empresarial.
Baltar convidou á organización a que poida facer as súas achegas para o Observatorio Económico Ourensán, ofrecemento que tamén estendeu ao Plan Termal “porque estamos a falar de desenvolvemento económico e o termalismo é un dos piares importantes da nosa economía pola súa singularidade”, explicou presidente provincial.
Tamén analizaron na xuntanza o foro de cooperativismo e autoemprego no medio rural que, dentro do Plan "Transforma Ourense", poñerá en marcha a deputación nas comarcas da provincia de Ourense, apostando polo emprendemento e por fórmulas de éxito para a xeración de emprego como poden ser o cooperativismo e o propio autoemprego.
Precisamente, Baltar amosouse aberto ás propostas que poida achegar o Círculo de Xóvenes Empresarios de Ourense ben a través do Inorde ou da propia deputación e que contribúan a dar un impulso ao empredemento e a dinamizar a nosa economía, e, neste senso, Baltar afirmou que os xóvenes empresarios “terán voz no Plan Transforma Ourense”, xa que polo feito de ser un plan para emprededores teñen un protagonismo especial, “que se verá reflectido nas medidas que o plan contempla para o desenvolvemento económico da provincia como é o acordo asinado recementemente coa Escola de Organización Industrial do Ministerio de Industria”. Segundo este acordo, destinaranse máis de 200.000 euros para o desenvolvemento de iniciativas innovadoras que melloren a competitividade das empresas ourensás e para un programa de bolsas para titulados universitarios. Isto permitirá darlle un pulo importante ás pequenas e medianas empresas da provincia de Ourense, coa finalidade de mellorar a innovación das pemes e incrementar a súa competitividade, así como favorecer a creación e consolidación de empresas de base tecnolóxica e potenciar o tecido empresarial ourensán.
Na xuntanza, tamén se referiu Baltar ao convenio asinado recentemente co Incyde e coa Cámara de Comercio de Ourense para a creación e consolidación de empresas nos ámbitos agrícola e forestal e o fomento do cooperativismo, o que permitirá situar á provincia de Ourense como a primeira de España en poñer en marcha un proxecto formativo destas características, polo cal xa se teñen interesado outras Cámaras españolas, que servirá para impulsar iniciativas emprendedoras en xestión agrícola e forestal.
Outra das importantes achegas do Plan "Transforma Ourense" da que tamén poderán ser partícipes os xóvenes empresarios é o Plan de internacionalización e axuda ás empresas de Ourense que está a levar a cabo o Inorde co obxectivo de analizar diferentes rexións e países nos que poidan existir oportunidades de negocio para empresas ourensás en mercados en pleno crecemento e cunha forte demanda de produtos e servizos que as nosas empresas poden ofrecer.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense