Preséntase en Sarria (Lugo) a exposición-homenaxe a Manuel Rodríguez López

exposición “MANUEL RODRÍGUEZ LOPEZ, emigrante galego-poeta obreiro” que, promovida por Galicia Digital e a familia do escritor, conta co apoio do
Concello de Paradela, Concello de Lugo, Deputación Provincial
(Vicepresidencia 1ª) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta
de Galicia. E, neste caso, para a súa exposición en Sarria, coa
colaboración do concello sarriano.
A mostra, aberta o pasado 28 de febreiro, pode verse na Casa da Cultura
de Sarria ata o próximo 15 de marzo, pasando a continuación á Casa da
Cultura de Portomarín.
Neste acto de presentación en Sarria participaron o Secretario Xeral de
Política Lingüística, Valentín García; os alcaldes de Paradela (José Manuel
Mato) e Sarria (José Antonio García López), a viuva do escritor (Irene
López) e Antonio Giz, director de Galicia Digital.

Xulio Xiz