Santiago de Compostela acolle o Congreso Internacional de Demografía
Este evento conta coa participación de expertos en demografía, representantes de entidades e países europeos, e abordará aspectos relativos á realidade demográfica actual en Galicia e en outras rexións e países da Unión Europea.Os efectos que ten a recesión económica sobre a fecundidade, a presentación dun informe sobre a calidade de vida en Eurpa e as políticas de traballo-familia e benestar individual centran as primeiras intervencións que abordan o tema desde unha perspectiva científico-política. Estas mesas de debate tamén tratan o desafío da equidade interxeneracional e o seu impacto nas políticas públicas, os servizos sociais e a política familiar en Suecia e a singularidade do caso español completan esta perspectiva.
Baixo o prisma de conversas sobre demografía debatirase arredor do futuro demográfico e que se pode facer para evitar o peor, e analizaranse as variables do caso galego.
Consellería de Traballo e Benestar
