A exposición itinerante sobre o poeta Manuel Rodríguez López chega a Portomarín
A exposición itinerante sobre a figura do poeta Manuel Rodríguez López está aberta ao público en horario de mañás na Casa Consistorial de Portomarín. A exposición, que leva por título “Emigrante galego, poeta obreiro” foi inaugurada o día 21 de marzo, nun acto que contou coa presenza da viúva do escritor, Irene López, do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García e dos alcaldes de Portomarín e Paradela, Juan Serrano e José Manuel Mato. Estivo tamén Antonio Giz, director de Galicia Dixital, impulsor do proxecto de divulgación da obra e a figura do poeta. No mes de abril esta exposición poderá verse en Santiago de Compostela e no mes de maio estará en Cataluña, estivo anteriormente en Paradela, Lugo, Begonte e Sarria.
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación. Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies.
OKMás información