O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle a exposición 50º aniversario do Día das Letras Galegas
O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense acolle a exposición sobre o 50º aniversario da instauración do Día das Letras Galegas, unha mostra que foi inaugurada esta tarde polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado pola presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Xesús Vázquez, e o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.
A mostra, titulada "51 páxinas das Letras Galegas", está conformada polas medallas das Letras Galegas, que son obra do debuxante, pintor e caricaturista Siro López e do escultor Manuel Ferreiro Badía. A exposición complétase con paneis que exhiben as biografías e as principais obras dos autores, textos elaborados por académicos da RAG, na procura dun achegamento ao universo literario galego.
Manuel Baltar destacou no acto a importancia de salientar unha efemérides tan nosa “como é o conmemorar o Día das Letras Galegas e os seus persoeiros” e suxeriu a Antonio Saco y Arce, escritor e poeta ourensán, nado en Alongos (Toén) autor da primeira gramática científica galega, como un dos nomes a ter en conta en futuras conmemoracións do Día das Letras Galegas.
Xesús Alonso Montero recolleu a proposta de Manuel Baltar e afirmou que a decisión da elección do persoeiro elixido nas Letras Galegas correspóndelle os trinta membros da RAG, “se ben, certo é que eu podería estar a falar dez horas seguidas da obra e da vida de tan insigne persoa como foi don Antonio Saco y Arce”.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense