Preséntase o último libro de Fina Casalderrey para nenos: Cuca e o abrigo marrón

Así mesmo, Vázquez Abad agradeceu a aposta da editorial Rodeira-Edebé a publicación deste libro “buscando a transmisión de valores aos máis novos, unha mensaxe de solidariedade, de moral cívica e de amizade; así como o impulso da lingua galega na literatura infantil e xuvenil”.
No acto, ademais de autora e ilustradora, participaron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a coordinadora da editorial, Mª Jesús Gómez; a directora da Biblioteca Ánxel casal, Carina Fernández; e Xavier Senín. Tras a presentación da obra, Fina Casalderrey convidou aos pequenos a ler fragmentos da obra.
Cuca e o abrigo marrón e a historia dunha cadela vagabunda que aprende a vencer a súa desconfianza e a confiar no abrigo marrón como axuda para manter aos seus sete cadeliños, de tal forma que entre ambos os dous acaba construíndose unha relación sólida grazas á que nunca volverán a vivir a soidade.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia