Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

As producións ecolóxicas galegas certificadas polo CRAEGA xeral un volumen de negocio de preto de 26 millóns

“A Xunta comprométese a axudar á produción agroalimentaria ecolóxica de Galicia. Hai poucos sectores na nosa economía que en tan só 17 anos presente as cifras de incremento que hoxe amosamos, nin coas mellores expectativas podíase predecir”. Rosa Quintana, conselleira do Medio Rural e do Mar, amosou o seu apoio e confianza nas posibilidades do sector na presentación esta mañá -no compostelán Hotel Puerta del Camino -da Memoria Anual do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (C.R.A.E.G.A), que reflicte o aumento exponencial en hectáreas e producción que se vai producindo ano tras ano. Xunto a ela estaban o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto; José Antonio Fernández, presidente do C.R.A.E.GA ; e Javier García Lozano, secretario do organismo encargado de certificar a calidade e os controis deste tipo de producións en Galicia.

Destacando de xeito resumido algunhas das cifras expostas, o primeiro dato a mencionar é o aumento da superficie inscrita por provincia en 2013: no conxunto de Galicia foi do 2,1%, aínda que é chamativo a aumento na provincia da Coruña, onde medrou un 48,43 %. Lugo crece un 8,22% e as provincias de Pontevedra -2,34% e Ourense -9,17% perden, pola contra, algo de superficie.

Tendo en conta á superficie inscrita por tipo de cultivo, destaca con diferencia a dedicada a plantas colleitadas en verde, cultivadas principalmente para alimentación animal, con 9705,36. Pero hai máis sectores que medran: as 2675,90 hectáreas que se adican en 2013 a terreo forestal con carga gandeira, as 1632 hectáreas que se adican a froitos secos (maiormente castaña ecolóxica), ou as 245 hectáreas onde medran peras e mazás. “Temos que poñer en valor as nosas produccións para buscar un camiño de crecemento e dar unha oportunidade a todos os mozos que se queiran iniciar con esta actividade. Co prezo que acadan estes produtos e o ben considerados que están en Europa, animo á xente interesada a que se achege a pedir información ao Consello Regualdor, e a consellería do Medio Rural buscará todas as liñas de axuda posibles para conseguir levar adiante eses proxectos”- continuou a conselleira- “O primeiro que temos que crer é que esto é unha alternativa, e hai moitos datos que así nolo poñen de manifesto”.

As cifras de inscritos e da superficie certificada polo C.R.A.E.G.A amosan un crecemento de 2012 a 2013 do 8,07 %. Concretamente, os agricultores e gandeiros medraron un 6,52% e, no caso de elaboradores, importadores e comercializadores; medraron un 14,66%, un crecemento importante xa que distribuén o produto para que cheguen ás superficies comerciais grandes e pequenas. Pero se facemos a comparativa dos últimos dezasete anos, as cifras son sorprendentes: en 1997, cando naceu o C.R.A.E.G.A, había en Galicia 7 produtores, 4 elaboradores e 13, 35 hectáreas inscritas neste rexistro, “uns resultados febles nos comezos, xa que este tipo de producción non era moi coñecida nin demandada”, apuntou Javier García Lozano. Pero hoxe temos 523 produtores, 133 elaboradores (adxúntase no documento da memoria unha lista co nome das empresas) e 15.670,85 hectáreas.

Unha nova oportunidade

No ano 2013 vivimos un crecemento do 11,26 % de volume de ventas certificadas en ecolóxico. Destacamos as subas dun 249,39% de tubérculos, 222,50% de frutais, 157,01% de acuicultura e recolleita de algas, 84,22% de bosque e recolleita silvestre e do 55,47% de productos apícolas. Sumando todas as producción ecolóxicas certificadas polo Consello, a suba neste último ano foi do 11,26%: un volumen de negocio do 25.916.446,78 €, falamos de 2.623.640,70 máis ca en 2012. “As producións cun valor máis alto son leite e derivados, con máis de 8 millóns de euros; seguido de conservas de peixe e carnes e derivados, que superan os tres millóns e medio cada un, e a recolleita silvestre en bosque, sobre millón e medio”. Tamén moven cifras de millón e medio de euros os pensos para alimentación animal, xa que son os esixidos para as produccións gandeiras ecolóxicas.

En 2014 comeza un novo programa operativo dentro da Política Agraria Común e Europa que defende claramente este tipo de producción: a principal novidade da reforma é a chamada “taxa plana” ou “pago verde”, que condiciona ata un 30% das axudas concedidas por Bruxelas a todas aquelas producións e prácticas ecolóxicas, en detrimento dos chamados criterios históricos, “e por su posto, Galicia tamén o fará”, apuntou Rosa Quintana esta mañá. “A demada de produtos ecolóxicos tanto en outros países como España estase incrementando”, lembrou Tomás Fernández-Couto, “e non é unha casualidade que nunha situación económica como a que estamos a viver e que podería ter freado o crecemento destas producción, vexamos como ano tras ano increméntanse”.

“A produción ecolóxica vai contemplada no novo Plan de Desenvolvemento Rural. Porque non só importa o valor do negocio, senón a posibilidade de aproveitar terras que aínda hoxe están abandonadas. É unha oportunidade que se nos brinda”, concluiu Rosa Quintana.

Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica