Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Máis de 800 veciños de Xinzo solicitan por escrito a prohibición do tráfico pesado polo medio das casas, opoñéndose tamén á expropiación do monte veciñal para a canteira

Os veciños recordanlle ó empresario Sr. Crisóstomo, que tamén é Presidente do P.P. en Tui, a promesa que chegara a facer nos anos oitenta para buscar outra vía alternativa para o tránsito dos camións, asunto do que “pasou” sin considerar a gravidade da situación que estiveron sufrindo todos estes anos. Agora non pensan tolerar máis esta situación, considerando unha burla os veciños a sua actuación nestes anos.

As sinaturas dos veciños en apoio as súas demandas seran tamén presentadas nos departamentos de Industria e Medio Ambiente da Xunta de Galicia para transmitirlle a preocupación e tensión existente na parroquia pola actuación do empresario Sr. Crisóstomo que pretende expropiar 17 has. do monte dos veciños de Xinzo por non querer, tal como lle demandan eses mismos veciños, nin negociar un novo contrato en condicións similares ás de outros canteiros con explotacións na parroquia nin querer eliminar o tráfico pesado polo medio da mesma.

A empresa está denunciada no xuzgado por ocupación ilegal de 14 Has. do monte veciñal dende ó 1 de xaneiro 2005, o Sr. Crisóstomo foi declarado persona non grata en Xinzo, na asemblea celebrada o 15-01-2005. Os veciños están dispostos a defender o seu monte, as pistas veciñais, os seus dereitos e a non tolerarlle o Sr. Crisóstomo un novo privilexio.

Os veciños esperarán a celebración do Pleno do Concello de Ponteareas para tratar en asemblea as actuacións das seguintes semanas.



Coordinadora dos Colectivos Veciñais de Xinzo. Ponteareas