Inauguración da exposición 180 anos da historia provincial no edificio multiusos do Carballiño
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado do alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, inaugura no edificio multiusos da vila carballiñesa a exposición “180 anos de historia provincial”. A mostra, organizada pola Deputación de Ourense, permanecerá aberta ata o vindeiro 19 de xuño e posteriormente percorrerá as principais poboacións e cabeceiras de comarca da provincia. Ten como obxectivo poñer en valor o que une aos ourensáns desde o punto de vista da xeografía, da historia, das organizacións políticas de cada tempo, da cultura, da lingua, da industria, do comercio, das realizacións e dos proxectos, co propósito de sementar un futuro mellor.
Dun xeito didáctico, en 40 paneis de gran formato, a mostra está concibida como un itinerario no que se poden ver as máis destacadas divisións xeográficas e político-administrativas da península Ibérica, desde a conquista romana ata a actual organización provincial, asinada en 1833 por Javier de Burgos, primeiro ministro de Fomento, trala morte de Fernando VII. Deste xeito, o concepto de “provincia” convida a comprender, partindo das súas orixes, a nosa realidade presente no concerto da España autonómica. Un resumo da historia da provincia de Ourense completa a visión panorámica da nosa división e organización territorial.
Do mesmo xeito, a longa historia do concepto “deputación” e a traxectoria moderna da institución, as súas competencias, sedes e patrimonio, ocupan un importante espazo da mostra. Neste contexto, o espectador pode deterse na análise dos proxectos do actual goberno provincial e nas realizacións xa executadas.
O itinerario histórico está ilustrado con 14 mapas, expresamente realizados para a mostra, e un libro catálogo, nos que os límites da provincia de Ourense acadan o protagonismo necesario para que o espectador teña unha clara visión da identidade territorial.
Como complemento, editouse un libro catálogo que afonda e amplía os contidos da exposición con diferentes apartados temáticos: “Somos provincia, creamos futuro”, por Manuel Baltar; “A provincia, un concepto histórico”; “A provincia moderna”; “O goberno provincial” e “O Inorde”, analizando ademais aspectos como o Plan Ourense 92, Ourense como recurso termal e os diversos plans e proxectos que ten en marcha a Deputación de Ourense.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense