Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Os profesionais do mar de Camariñas visitan Ribeira para coñecer actividades de turismo mariñeiro

A xornada comezará ás 08.30 horas, cando partirán cara a vila mariñeira. En primeiro lugar visitarán Benboa, un concepto innovador que aglutina turismo, gastronomía, natureza e sostenibilidade. As súas instalacións agrupan unha cetaria, un restaurante e un espazo de venda de produtos do mar frescos ou elaborados por eles no momento.

De seguido farán a Ruta do mexillón dende Aguiño ata a illa de Sálvora, durante a que os mariscadores da empresa do Mar de Aguiño, explicarán aos asistentes en qué consiste esta ruta e como a complementan co seu traballo cotiá no mar. E a continuación realizarase un xantar especial con produtos do mar e da terra do Barbanza no Restaurante Miramar.
Turismo de Camariñas