Os Foros ecolóxicos da Barbanza sacan de novo os “Sachos á rúa”

Igual que na primeira Feira en Ribeira, poderás facer a compra da semana mercando produtos fresquiños directos das hortas da contorna. E sen esquecer o coidado da pel, tamén estarán dispoñibles nesta Feira Labrega, xabóns, cosméticos naturais e plantas menciñeiras.
Este evento xurde dos Foros ecolóxicos da Barbanza, que son asembleas de persoas interesadas polos temas de agricultura ecolóxica, alimentación sa e o comercio xusto. Este colectivo percibe a necesidade de crear puntos de encontro como as Feiras Labregas onde poder atopar produtos naturais, libres de agrotóxicos e sen organismos modificados xeneticamente. Ademais pretenden poñer a andar asociacións e cooperativas de produción e consumo ecolóxicos na Barbanza.
Foros Ecolóxicos do Barbanza