Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O presidente da Xunta de Galicia, pregoeiro do Nadal de Begonte 2014

O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pronunciará o
Pregón do Nadal en Begonte o próximo cinco de decembro, venres, ás seis da tarde, no salón de actos do Centro Cultural José Domínguez Guizán.

Os actos desta xornada inaugural do Nadal begontino darán comezo ás cinco
da tarde na igrexa parroquial de Begonte, cunha misa polos socios e amigos
do Belén falecidos, que será cantada polo Orfeón Lucense, coro da Catedral
de Lugo que dirixe Marcos Fernández Mosquera.

No acto do pregón, o Orfeón interpretará un breve recital de panxoliñas.
Ao remate deste, o Presidente da Xunta e autoridades e público presentes
inaugurarán a XLIII edición do Belén electrónico de Begonte, e procederán á
reapertura do Museo do Belén que leva o nome do seu creador, “José
Rodríguez Varela”.

Con este acto comeza o tempo de “O Nadal en Begonte”, que rematará a
finais do próximo mes de xaneiro, cun conxunto de actividades que xiran
arredor do Belén Electrónico begontino, que ven de ser declarado polo
Consello da Xunta de Galicia como Festa de Interese Turístico Galego.

Fotografía: Carlos Rodríguez Arias
Xulio Xiz (vicepresidente do Belén de Begonte)