Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Xosé Otero Canto gaña o XXXIX Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal de Begonte

En Begonte, reuníuse o xurado do XXXIX CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL, convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, formado por XAVIER RODRÍGUEZ BARRIO, escritor; JESÚS DOMÍNGUEZ GUIZAN, presidente do Centro Cultural convocante, e XULIO GIZ RAMIL, xornalista, vicepresidente, que acordan por unanimidade emitir o seguinte fallo:

Conceder o PREMIO BEGONTE DE POESÍA, dotado con 600€ e estatuiña de Sargadelos ao poema DENDE VALVERDE A BEGONTE, presentado co lema “O REINO”, do que resultou ser autor XOSÉ OTERO CANTO, nado en Ponte de Outeiro-Castro de Rei, veciño de Lugo.

Adxudicar o Segundo Premio, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos, ao poema O BELÉN ERA UN CLAMOR, presentado baixo o lema “O TEMONEIRO DA PATEIRA”, do que é autor CARLOS LÓPEZ FERNÁNDEZ, natural do Ferrol e veciño de Lugo.

Os premios serán entregados o 31 de xaneiro, no decurso dos actos de clausura da XLIII edición de O NADAL EN BEGONTE,.
Belén de Begonte