Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Exposición dos cadros que optaron aos XXV Premios de Arte José Domínguez Guizán

É un total de 17 cadros que ata agora estiveron expostos na Sala de arte da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, e permanecen na Casa da Cultura begontina ata o día trinta.

O día 31 de xaneiro, ás cinco da tarde, no decurso do acto de clausura das actividades de O NADAL EN BEGONTE, serán entregados os premios deste certame:

- PREMIO JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN de arte, na súa XXV edición, dotado con 1500€ e estatuiña de Sargadelos, á obra presentada por FERNANDO VILLALBA NAVARRETE, de Lugo.

- Mencións de honra, dotadas con estatuíña de Sargadelos, pola calidade das obras presentadas, a VALENTÍN FERNÁNDEZ VILA, de A Pobra do Brollón e EDUARDO FERNÁNDEZ GARCÍA-GESTO de Lugo.

O Xurado estivo formado por: AURELIA BALSEIRO GARCÍA, Directora do Museo Provincial de Lugo; MANUEL GULÍN RODRÍGUEZ, pintor; GONZALO SÁNCHEZ FOLGUEIRA (ZALO), pintor; e Secretario (sen voz nin voto), representando ao centro cultural convocante, XULIO XIZ.
Belén de Begonte