Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A Fegamp lanza unha nova web como ferramenta imprescindible para o municipalismo galego

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), José Manuel Rey Varela, presentou a nova páxina web da institución, que reordena os seus contidos, e que será un instrumento cun triple obxectivo: achegar aos cidadáns a realidade das administracións locais e pronviciais, dacordo co principio da transparencia; servir como referencia técnica (nomeadamente, nos capítulos económico e xurídico) para facilitar o labor dos cargos electos, funcionarios e resto de persoal de concellos, mancomunidades e deputacións provinciais; e permitir a reutilización dos datos da propia páxina por parte dos usuarios e os profesionais dos medios de comunicación.

O novo sitio web, que inclúe sistemas tecnolóxicos de última xeneración, é froito do traballo de máis de catro meses da empresa galega ‘Galicia Digital’, en coordinación co departamento de Comunicación da Fegamp.

A nova web da Fegamp aporta maior facilidade e rapidez para as búsquedas, moderniza o deseño gráfico coa imaxe corporativa actual da institución, mellora a seguridade mediante o uso dun xestor de contidos de última xeneración, optimiza o proceso de actualización e avanza cara a un bo posicionamento da web nos buscadores e cara a adaptación a aplicacións en distintos dispositivos.

www.fegamp.gal ofrece aos seus usuarios as últimas novas sobre a actualidade municipal e provincial e o labor da propia Fegamp, fichas completas e actualizadas de cada concello, mancomunidad e Deputación provincial, información de interese para os cidadáns (como formularios para reclamacións, follas de inscripción en cursos e xornadas, impresos para solicitude de axudas e subvencións), ligazóns con páxinas de uso común (DOG, BOE, BOP), acceso directo aos últimos números da revista trimestral da Federación (‘Concellos Galegos’) e a posibilidade de enviar á Fegamp mensaxes directas con queixas, críticas, denuncias ou suxestións.

A renovación da páxina da Fegamp na internet é o segundo paso dunha estratexia global multimedia na casa común do municipalismo galego, logo da implementación da presencia da Federación nas redes sociais (twitter e facebook), incorporadas agora activamente ao novo sitio web.
Fegamp