Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Expresión Produccións presenta o xoves 19 de marzo: Uxío no país de patadecabra

Trátase dun espectáculo dirixido a público familiar, recomendado a partir dos 4 anos, escrito por Marina López e Fran Otero, que forman parte do elenco xunto a Manuel Solla. Ten unha duración de 55 minutos.

“Uxío no país de Patadecabra” é unha obra de maxia, teatro e monicreques protagonizada por un rapaz de 7 anos, Uxío, cuxo soño é converterse nun gran mago. A súa familia é moi humilde e o seu único xoguete é un libro cheo de emocionantes historias sobre o país fantástico: Patadecabra.

As entradas están á venda ata este xoves, 19 de marzo, ás 13h na web www.culturatui.info ou o propio xoves dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.

Expresión Produccións con “Uxío no país de Patadecabra”
Lugar: No Teatro Municipal de Tui
Data: Xoves, 19 de marzo, ás 20h
Venda de entradas: ata o xoves, 19 de marzo, ás 13h na web www.culturatui.info ou o propio xoves dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.

Gabinete de Comunicación do Concello de Tui