Meteogalicia lanza unha radiosonda que proporciona información útil sobre o estado da atmosfera
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/meteogalicia_sonda_2015.jpg)
Meteogalicia celebra o Día Meteorolóxico Mundial cunha xornada de portas abertas nas instalacións de Santiago e no radar de Cuntis. Os visitantes teñen a oportunidade de coñecer como se elabora a predición meteorolóxica, así como datos da rede de estacións meteorolóxicas e de calidade do aire ou aparatos de medición.
Por outra parte, tamén continúan as visitas dos centros escolares á Meteogalicia, polo que no terceiro mes de 2015 case 500 alumnos de primaria e da ESO coñecerán as instalacións deste servizo, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Estas actividades divulgativas están enfocadas tanto a estudantes de centros de ensinanza, como ás asociacións culturais. Para iso, ademais de incluír visitas ás instalacións de Meteogalicia en San Lázaro, tamén se explican os pasos esenciais que se deben dar para realizar as predicións meteorolóxicas.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia