Exposición de Manuel Rodríguez López na Biblioteca Provincial de Lugo

Esta mostra itinerante comezou o seu percorrido en Paradela para vir a Lugo – Museo Provincial- no San Froilán de 2013, e logo expoñerse en Begonte, Paradela, Portomarín, Sarria, Vilalba, Santiago, A Coruña, Barcelona e Madrid. Na Biblioteca Provincial vai permanecer durante o presente mes de Abril. En maio, visitará Ponteceso, para ser contemplada na Fundación Eduardo Pondal. E a continuación, será instalada na Biblioteca Anxo Casal de Santiago de Compostela.
Está composta por oito paneis dobles, nos que se reflicte de xeito moi gráfico a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra, e foi, ademais dun grande animador das actividades galegas en Catalunya, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no País catalán.
GaliciaDigital