A cooperación empresarial galega no naval, clave para competir no mercado mundial
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/draga_omvac_doce.jpg)
Na mesma liña, Conde resaltou a importancia da cooperación entre empresas galegas para gañar competitividade e impulsar a súa internacionalización. “É o esforzo compartido das nosas empresas, de Nodosa, de Canlemar, o que sitúa á industria galega nunha posición inmellorable para competir no gran mercado actual: o mundo", incidiu o conselleiro.
Na súa intervención, o conselleiro de Economía e Industria destacou que a botadura da nova draga representa “todo aquilo que Galicia quere ser: unha Galicia que coopera, innovadora e aberta ao mundo”. Neste sentido, Francisco Conde subliñou que Nodosa conta co seu propio departamento de I+D+i, o que contribúe a diversificar o seu negocio, construír novos tipos de embarcación, ou realizar buques como o que se botou.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia