Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A actriz Mariana Expósito, presentadora da Gala Lvcvs Moda 2015

A recoñecida actriz galega Mariana Expósito será a presentadora da Gala Lvcvs Moda 2015, que se celebrará o 16 de abril ás 21:00 horas no Círculo das Artes de Lugo. A intérprete lucense conta, malia a súa xuventude, cunha ampla traxectoria en televisión, cine e teatro. Filmes coma El Concursante, Reliquias, ou Vacas, porcos e zapatos de tacón; tense convertido nun rostro coñecido da pequena pantalla grazas ás súas aparicións en populares series coma Serramoura, El faro, Matalobos, Libro de familia, Padre Casares ou a máis recente delas, Hotel Almirante.

En canto ao teatro, o bo traballo de Mariana Expósito fíxoa merecedora do Premio Especial do Xurado no X Festival de Teatro de Rivas Vaciamadrid. Aínda que ten dedicado a meirande parte da súa vida profesional á interpretación, tamén coma monologuista ou contacontos, Expósito tamén ten traballado noutros ámbitos como o da comunicación, exercendo o labor de presentadora.

Así, o xoves 16 de abril, Mariana Expósito será a madriña de cerimoninas da sexta edición do evento que reúne o mellor da moda, o deseño e a artesanía da provincia, e que este no ofrecerá aos asistentes o singular espectáculo de danza Le Fleur.

Será parte, pois, das ducias de profesionais que farán posible a Gala da Moda 2015: os deseñadores Luis Areñas; Manuel Bolaño; María Tacón; Montse Arias, Tina Cortón e Chicadecanela; as firmas de artesanía Azaia; Beatriz Valín; Carmen López; Cecilia Carballo; Cestería Viva; Corazóns Artesáns; Jara Rodríguez; M&N; Obradoiro en Lá; Yan Llan, Paula Dimé; Rappa Taller; Sra. María; Vidal Revilla, Amalgama e Traxandaina; as peluquerías Eduardo Souto Peluqueros; Miriam Souto Peluqueros; Mohama Peluqueros; Avalon Peluqueros; O Baúl da Beleza; Marta Campo; Meyva Peluqueros; Vanessa Martínez Estilistas e Blanco y Negro Peluqueros. O evento tamén conta coa colaboración de Dick&Paul; Cuplé; IES Muralla Romana; Janeiro Floristería; Lolita Blu; Ramón Rebolo; Lucus Piel Peletería; Marcos Peón, M&N Joyas; Messalina e Modesto Santa Eularia.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo